? BNG afronta o reto de ampliar o teito electoral acadado nas últimas eleccións. -¿Con que expectativas acude o BNG a estes comicios en Bueu? -Boas, porque o ánimo foi crecendo incluso nas últimas semanas e días. Cremos que acadaremos o goberno municipal porque imos a ser a lista máis votada. -O cambio do candidato é a maior novidade, pero na lista hai tamén outras caras novas. -Entramos nun novo ciclo coa elección da candidatura. Sen caer en triunfalismos, nen soberbias, a nosa lista é a socialmente máis valorada e a que goza de maior credibilidade. E iso conseguímolo tamén co traballo que dende hai moitos anos fixeron compañeiros do BNG en Bueu. Imos dar estabilidade ó Concello. -¿En que sentido? -Bueu merece un alcalde que se comprometa públicamente a traballar para conseguir a paz social perdida co goberno do PP. No meu caso, comprométome a presidir un goberno de tolerancia, diálogo permanente e respeto a tódolos veciños. -¿Disposto a pactar con algunha outra forza? -O BNG nestes momentos non valora pactar con ningunha forza política, porque cremos que imos gañar e gobernar en solitario. -Un tema tamén delicado, ¿que opina vostede sobre o plan de urbanismo? -Temos moi claros os criterios a seguir para aprobar o PXOM. Xa debera terse aprobado hai máis dun ano. O goberno actual no fixo case nada por sacalo adiante. Non hai motivos para xustificar o retraso. Están en xogo os intereses de tódolos veciños, e aí reside o noso compromiso de aprobalo.