NA ÚLTIMA | O |
15 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.ESAS fermosas centolas que sacaron do mar antronte, no primeiro día de apertura da pesca a todas as artes, indican que ou ós bichos lles senta ben o fuel, ou que, cun puco de racionalidade na extracción, o marisco galego sería aínda máis impoñente sobre a mesa. O paro biolóxico forzado que supuxo suspender a pesca durante máis de tres meses ven de amosar que os recursos están sobreexplotados e o reparto dos barcos nos caladoiros seguramente mal calculados. O sector demostrou de sobra nos días máis difíciles da marea negra que ten recursos sobrados para organizarse, traballar en conxunto e aunar esforzos en beneficio de todos. Agora toca apuntar na mesma dirección para modernizar a industria extractiva, mellorar as condicións de traballo e apostar por modelos de acuicultura no canto de fiar todo o futuro a que o mar sigua agasallando con peixe e marisco toda a vida. E se as cousas saen ben, celebralo cunha mariscada.