NA ÚLTIMA | O |

14 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

COSTA dixerir a bofetada que cada ano sitúa o lugar donde un vive entre os peores do país. Ocurre cos datos do Anuario Social de la Caixa, que colocan a Galicia segunda pola cola en indicadores de benestar social. Con todo o subxetivo que pode resultar a medición da felicidade, os encargados do estudio toman variables innegables, como a calidade da asistencia sanitaria ou o custo do acceso á vivenda. A evidencia dos números indixesta os mellores productos da horta e os filetes do porco da casa, pilares esgrimidos polos que recelan das estatísticas para avalar unha calidade de vida que non atopa sitio no cálculo dos economistas. Coñécense agora os datos que colocan a Pontevedra entre as dez primeiras provincias de España no ránking de homicidios intencionados. O indicador resulta engañoso, pois en contra do que poidera parecer trátase dun síntoma de progreso. O delicto evoluciona parello coa sociedade. A máis progreso, maior sofisticación do criminal. Segundo as estatísticas, o asasino que lle fendía un sacho ó veciño por mover un marco ou cortar un carballo é historia. Tomaron o relevo as mafias e o crimen organizado. Os canallas decidiron agruparse para matar mellor. Puro progreso.