NA ÚLTIMA | O |
11 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.ATOPARON tempo entre disparo e disparo para vivir do xeito máis normal que puideron. Segundo se soubo onte, vinte rapazas das Forzas Armadas dos Estados Unidos volverán á casa antes de tempo porque quedaron embarazadas mentres estaban destinadas no Golfo. Hai que dicir que non perderon o tempo. En apenas un par de meses de despregue militar, incluindo o tempo de viaxe dende América ata Oriente Medio a bordo dun destructor ou dun portavións, pois a maioría das afectadas son membros da Armada, tiveron momentos de amor, paixón ou simplemente pura luxuria. Xa foron recriminados por unhas «patrullas morais» que se crearon cando ás mulleres se lles permitiu incorporarse a filas. Confíase, sen embargo, en que a sanción non sexa moi severa. Seguramente, a actitude das militares sexa das poucas para enmarcar nesta guerra.