NA ÚLTIMA | O |
03 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.UN estudio do Centro de Investigacións Sociolóxicas ven de revelar que os rapaces novos dispoñen de catro horas máis de ocio á semana que as mozas da mesma idade. E tamén de 14 euros máis para gastar. Outros datos eran xa coñecidos, como que elas len máis ou que prefiren empregar o tempo de lecer en ir ó teatro. Os homes antes deso góstalles xogar ós vídeoxogos ou furar nos ordenadores. Non son os datos do tempo libre os únicos que sorprenden. Cáese o mito da xuventude pegada ó botellón e con querencia extrema polos bares e a festa nocturna. O 45% afirma que non sae polas noites, se cadra para aforrar e poder cumprir con ilusións como a de viaxar máis ou ir os concertos para os que afirman non dispoñer de cartos suficientes. Unha diferencia de catro horas para empregar nun ocio que para sete de cada dez non é sinómimo de descanso. O relax só se consegue, dicen, non facendo nada, que ademáis é gratis