20 ene 2003 . Actualizado a las 06:00 h.
O mar tragou o domingo fronte á Costa da Vela unha embarcación nova do trinque nas horas iniciais da súa primeira singladura. O Isurus??????I, como fóra bautizado o barco de 22 metros de eslora, apenas saira de porto de Cangas cando o temporal o botou para o fondo, respetado polo menos a vida dos dous tripulantes que ían a bordo e puideron ser rescatados sen maiores contratempos que unha leve hipotermia. O pesqueiro tiña previsto sair para Mauritania á procura do peixe que non se pode coller xa nas augas galegas pola cousa do chapapote.