NA ÚLTIMA
12 nov 2002 . Actualizado a las 06:00 h.ANDAN estes días varios astrónomos explicando no Café Moderno a maneira na que hai que mirar as estrelas para collerlle o xeito as constelacións. Trátase, segundo defenden os especialistas, dunha afección apaixoante e moi barata, pois chega cos ollos para desfrutar das formas que se debuxan no ceo cada noite, case sempre camufladas polo filtro da luz artificial que lle impide os habitantes das cidades ver o espectáculo que se forma o acabar cada xornada sobre o ceo. Conviría estudiar por que os privilexios que son gratis se tenden a menospreciar, mentres os que están fora do alcance da maioría dos petos gozan de gran predicamento. Somos así, desconfíase do fácil e búscase ó atractivo do difícil. Agora andan a voltas coa teoría de que o home nunca chegou á Lúa e que a cadela Laica morreu nada máis chegar ó espacio. Esto último parece probado cientificamente por un dos enxeñeiros rusos que participaron no proxecto de enviar ó primeiro ser vivo fóra da Terra. Os que renegan de que Armstrong pisara a lúa recelan das evidencias que expuxo a NASA no seu día. Mirando para arriba, é máis bonito pensar que por alí andivo xente. Xustamente porque semella incrible.