NA ÚLTIMA
17 oct 2002 . Actualizado a las 07:00 h.UN DISPARATE que aconteceu hai algúns anos en Brasil obrigou ás autoridades a tomar partido para regular cómo se ían chamar os cidadáns que esban a nacer no que semellaba unha aparente crise de loucura da poboación. Resulta que unha especie de moda recorría o país e levaba ós pais a rexistrar ós seus fillos baixo nomes tan aluocados como US Navy, Pene, Vaxina ou caso concreto dun rapaz que chegou a se facer famoso ó ser bautizado -por suposto non pola igrexa- como Um, dois, três de Oliveira Cuatro. Afortunadamente, a mediación da Administración fixo que a moda remitira e os cativos se volvan a chamar como os seus avós, pais e padriños. O dos nomes funciona por tempadas. En Galicia, despois da influencia dos culebróns e as cancións lixeiras, as Vanesas, Christians e Jonathans están deixando paso a antropónimos galegos como Breixo ou Antía, por exemplo. Coas denominacións das rúas sucede algo parecido. Segundo a época, abarrotan os calexeiros nomes dun ou outro signo. Esto xa non debería ser cuestión de moda, senón máis ben de sentido común. E de que ninguén se sinta ofendido polo simple feito de pasear por unha rúa.