Como Penélope

| XOSÉ CARLOS CANEIRO |

VERÍN

BOLEROS A LA LUZ DE LA URNA

10 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

TRES DÍAS e o corpo xa ofrece signos de crónica fatiga. Non encontro unha frase altisonante que me salve do tedio. ¡Soporíferos, que sois unos soporíferos! Tanta seriedad, tanto rigor, tantas buenas maneras. Antes era outra cousa. Os pegacarteis pousaban vasoira e caldereta para inxuriar con gravísimas ofensas ao adversario. Agora, non. Agora todo é respecto, abrazos, sonrisas profidén e pouco máis. Debían gobernar os candidatos dos abstencionistas, dos pasotas, dos que pensan que todo isto é unha comedia. Perdón, un melodrama. Porque entre as caras alegres dos alcaldables sempre se oculta unha pintura de melancolía. E todo porque hai que currar. Nas campañas os políticos curran verdadeiramente, con fe, tesón, entrega. Cando resultan elixidos dedícanse á folganza do servidor ilustrado (todo para el pueblo pero sin el pueblo), que é unha derivación lóxica da política, un estío, un oasis de poder y dedo alzado: tú aquí, tú allí, colócame al hijo, alcalde. Hoxe levanteime así, alicaído e caracortado. Tristón, demonios, que está la campaña tediosa. Ni Beiras levanta vuelo. Quédame a esperanza de que na provincia regresen os tempos de fragor e sables. Isaac Vila en Xinzo e Harguindey en Verín son garantía de movida e batalla. Los viejos rockeros, que nunca mueren. Navegarei a noite da provincia procurando algún signo de vida: unha mirada ofensiva, unha ameaza no candor noctámbulo de cubalibre e cumbia, algún insulto intelixente, un meneo de chaqueta con voz alzada: ¡si no fuese un caballero te partía la cara!, cosas así, ridículas pero entusiastas. A mí, como a Penélope, sólo me queda esperar.