INTERESES

La Voz

RIBADAVIA

XOSÉ MANOEL RODRÍGUEZ ANACOS

06 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

O PP está colleitando pouco a pouco os froitos da súa propia política. Na casa dos populares empezan a ver que a ideoloxía non é precisamente o seu forte, sustituinda esta por intereses -case sempre económicos ou laborais- das fichaxes de turno. Isaac Fernández nunca as tivo consigo como alcalde de Punxín. Desde o primeiro momento se lle foron virando os poucos concelleiros cos que contaba, sobre todo algún que levaba anos facendo o traballo -en moitas ocasións con nula moral- e que esperaba coller o mando. En Ribadavia nada é extrano. Os que agora gobernan traicionaron con anterioridade ós seus compañeiros, e acabaron fichando a un tránsfuga. Ó mellor o máis interesante desta película empeza dentro duns meses, coa chegada das municipais.