Edmundo Araújo, presidente da coordinadora da Festa da Istoria Edmundo Araújo dirixe a coordinadora encargada da organización da festa da Istoria. A participación da xente nos concursos previos á festa parece indicar que a poboación do concello volcouse este ano na celebración.
15 ago 2001 . Actualizado a las 07:00 h.-As obras do castelo, ¿Modificarán a presentación da festa da Istoria? -Deberemos variar o percorrido invertindo o circuito tradicional e utilizando novas entradas. A presentación consistirá en catro cuadros basados nun mercado medieval, o castelo, na cociña e nunha alegoría do viño, finalizando co un espectáculo medieval inédito no auditorio. -¿Como afectarán as obras do barrio xudeo? -O Concello garantizounos non tocar o barrio ata despois da festa, pero o único que agardamos agora e a responsabilidade do goberno para acondicionar as rúas de cara o setembro. -¿Que afluencia de público esperades este ano? -A demanda foi masiva, inclusive dende o estranxeiro, pero debido a falta de plazas hoteleiras en Ribadavia e na comarca non podemos acoller a todos aqueles que dexesan vir participar na festa. -¿Que obxetivo teñen as conferencias previas á festa? -O reto é que sexan un prólogo para conseguir uns cursos de verán permanentes no Concello relacionados cos temas da festa. Pero para poder facer isto ademáis da colaboración das universidades, necesitamos a axuda e o apoio das institucións públicas. -¿Que novidades haberá este ano na Istoria? - O día 31 de agosto teremos a actuación do grupo Pingarilaina coa representación de «Farsas e juglarías» polas rúas a partir das doce da noite e unha exposición de carteis na igrexa da Madalena.