Na esquina de Pena Trevinca coa Rúa da Granxa, xusto naquel cruce, está a librería papelería Crisber na que Julia González (Ramirás, 1954) atende ós rapaces das Carmelitas que por alí van.
-¿Cantos anos de servizo neste local?
-Xa van once anos, sempre nesta esquiniña.
-Material escolar, lambonadas... de case todo hai aquí.
-Bueno, máis ben é material escolar, papelería, libros de texto e de lectura en xeral. Librería completa.
-A principal clientela parecen os estudantes do colexio de enfronte.
-Si. Os nenos. Realmente o colexio co que traballo máis é o das Carmelitas.
-A ver, ¿que tipo ou deseño de libretas lles gusta agora ós rapaces?
-Pois según sexa o deseño, efectivamente. Este ano último estivo moi de moda a dos Rebeldes. As mochilas gústanlles máis ben de marca e dependendo do rapaz ou da rapaza.
-¿Son caras as mochilas?
-Non. Son bastante asequibles. Claro que hai varios prezos e se imos a marcas, nas marcas todo é caro. O deseño haino que pagar.
-Esto semella un non parar.
-O material escolar véndese continuamente. A ventaxa é esa, estar a carón dun colexio.
-Aí veñen a por lambonadas.
-Os de bachiller veñen para aquí e outros van á cafetería e despois veñen a mercar un caramelo.