75 anos de Galaxia en imágenes

La Voz

OURENSE CIUDAD

Inauguración de la exposición CREAR PORVIR. 75 aniversario Editorial Galaxia (1950-2025) en Ourense.
Inauguración de la exposición CREAR PORVIR. 75 aniversario Editorial Galaxia (1950-2025) en Ourense. MIGUEL VILLAR

A sala de exposicións de Afundacion acolle unha mostra con motivo da celebración do aniversario da editorial

22 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o 28 de xuño • Sala de exposicións Afundación Con motivo da celebración do 75 aniversario de Editorial Galaxia, púxose en marcha a exposición itinerante «Crear porvir. 75 aniversario de Editorial Galaxia», unha mostra que percorre a súa historia, desde a súa fundación en 1950 ata a actualidade, salientando o seu papel clave na evolución cultural da Galicia contemporánea e a súa proxección exterior.

 A inauguración tivo lugar no Sala de Exposicións Afundación de Ourense. A mostra está comisariada por un equipo de referencia no ámbito dos estudos académicos en Galicia e a nivel internacional, dirixido polo presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, acompañado pola profesora de literatura galega, María Dolores Villanueva Gesteira, e polo catedrático da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, Xosé Manuel Dasilva Fernández.

 A mostra articúlase en catro bloques que convidan a percorrer a literatura e os seus autores. O primeiro parte do Rexurdimento ata a xeración do novo milenio; e segunda céntrase no ensaio e o pensamento galegos, con estudos sobre a lingua, a historia, a sociedade e a ecoloxía, así como proxectos de referencia como Grial. A terceira versa sobre a tradución e a proxección internacional, co galego como lingua de recepción e creación universal. E finaliza coa literatura infantil e xuvenil.

Pódese visitar de luns a venres, de 17.30 a 20.30 horas. Sábado e domingo, de 12.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas.