Trécola estrea a súa nova montaxe, «Sentido», e Projeto EZ volve a Ourense con «Manusear»
04 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Ata o 14 • 19.30 e 20.30, hoxe • Rúas do centro de Ourense • A cidade vive a partir de hoxe a décimo primeira edición do FITO e abre cunha xornada protagonizada por dúas montaxes de rúa. Os ourensáns de Trécola elexiron a apertura do certame para a estrea absoluta de «Sentido». É unha montaxe colectiva protagonizada por Yu Estévez, Irene Pérez Rey, Uxía Pérez, Ledicia Álvarez «Lele» e Tegra. «Sentido» é unha proposta para vivir a chegada do FITO «cos cinco sentidos e a obra, como o festival desprega o seu colorido, os seus matices, penetra polos poros, murmura e berra aos catro ventos, con sabores agridoces, picantes… deixa unha estela de aromas que nos transportan a outros lugares, outros eus, outras épocas».
A compañía portuguesa Projeto EZ, que pasou este ano pola MIT de Ribadavia, participa no festival cunha nova proposta: a montaxe «Manusear».