«A débeda municipal limítame»

La Voz

MACEDA

XABIER NOVO

JESÚS MANUEL GARCÍA O CRONÓMETRO Manuel Rodríguez Carballo, alcalde de Maceda

05 nov 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

Non fai moitos días a oposición municipal de Maceda dicía que só lle queda firma-los papeis do Concello do apoio que lle da ó alcalde. Manuel Rodríguez Carballo asegura que en ningún momento sinte apoio algún por parte dos grupos opoñentes e culpa da relativa paralización do Concello á débeda. -¿Como lle vai no posto, Manuel? -Hai que estar aquí para ver o que hai, a débeda municipal, que me limita nas maniobras. Na oposición todo se move en reivindicacións pero nada de solucións. -¿Por que pensa que din que lle dan apoio en moitos asuntos? -Eles colaboran, si, para non deixar facer xestión, para ter xustificación posible ante unha moción de censura. -¿Que quixo dicir Baltar cando pediu unha corporación forte en Maceda? -Que nos olvidaramos todos os grupos dos partidismos se non queremos ir mal e establecer un orde de prioridades e actuacións para facer, artellar fórmulas de dar benestar ós cidadáns dos nosos pobos. -¿Como se atopan as arcas do Concello? -Están endebedadas por riba do límite. E a débeda só se pode solucionar co aforro. -¿Xustifica vostede así a inactividade aparente do Concello? -É fácil dicir que paso de todo, que no fago nada. As grandes obras da oposición traducironse en débeda, en nada e eu teño que cargar coa débeda deles. -¿Sintese apoiado pola xente do pobo? -Creo que si. Estamoslle adicando o esforzo, a base dun sacrificio tremendo, a todos os problemas. Damos todo o que somos capaces. Eu nonteño tempo libre nin adicación exclusiva pero aquí estou.