Xermán Torres leva moitos anos preparando unha tese doutoral sobre o profesor Filgueira Valverde. Hai uns meses decidiu volcar parte dos seus coñecementos sobre o erudito nun blog ao que se pode acceder na dirección de Internet www.filgueiravalverde.blogspot.es.
-¿Cómo naceu este blog?
-Traballo desde hai anos nunha tese de doutoramento sobre Filgueira Valverde. Decidín crear este blog un pouco para seguir indagando sobre a súa figura, e tamén como homenaxe a él. Salvando as distancias, no blog vou facendo un pouco o que facía el nos Adrais , vou tratando temas sobre el e tamén sobre Galicia, porque se por algo destacou Filgueira foi polo amor a Galicia e ao galego.
-Porque non se trata só de temas sobre Filgueira.
-Non é só sobre el. Algunha cousa si fixen, pero non podo volcar todo sobre el porque lle quitaría orixinalidade á tese. Escribo sobre temas de cultura galega, porque calquera tema de cultura galega non lle resultaba alleo a Filgueira Valverde. Saen temas dos que el era experto, como a danza de espadas de Carril, Cortegada, poesía ou Armenteira, que é a última entrada.
-¿É un blog unha boa ferramenta para difundir a cultura?
-Internet é un vehículo para espallar calquera coñecemento. Non é a panacea, pero creo que a nivel docente é unha boa ferramenta, aínda que hai que saber discernir o que é válido.