A romaría Raigame abre espazo para o cine documental e premia ao Museo do Pobo Galego

La Voz OURENSE / LA VOZ

CELANOVA

Haberá a proxección de filmes sobre temas etnográficos, comenzando con un traballo de Antonio Román e Xaquín Lorenzo

12 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O Museo do Pobo Galego será o protagonista da decima sexta edición da romaría etnográfica Raigame que o vindeiro 17 de maio se celebrará en Vilanova dos Infantes, Celanova. Os organizadores desta festa, Deputación de Ourense e Concello de Celanova, decidiron dedicarlle o Raigame a este museo co gallo do seu corenta aniversario.

Durante a xornada, haberá dúas exposicións, unha sobre a historia do museo e outra con reproducións de pezas do espazo homenaxeado. O segundo Simposio Raigame e o premio Adolfo Enríquez, que se lle entregará ás 13.30 horas na praza Maior de Vilanova, teñen tamén á institución como protagonista.

Cine Carlos Velo

Outra das novidades será o espazo de cine Carlos Velo, no que se proxectarán documentais sobre antropoloxía e etnografía, aportados polo Museo Etnolóxico de Ribadavia. O primeiro que se poderá ver é

O carro e o home,

de Antonio Román e Xaquín Lorenzo. Como cada ano, na romaría haberá bailes, teatro, música e puntos para gozar da gastronomía, xunto con máis de corenta artesáns traballando en vivo. Entre elles, un carpinteiro e un ferreiro facendo unha demostración de como facer e montar un carro galego.