Vilanova volta á tradición para celebrar o 17 de Maio

x. m. r. ourense / la voz< / span>

CELANOVA

Máis dun cento de artesáns reviven hoxe en Raigame as antigas romarías e reivindican o legado dos vellos oficios

17 may 2013 . Actualizado a las 07:15 h.

Vilanova dos Infantes é un espacio único e diferente para conmemorar o Día das Letras Galegas. O Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo apostou no seu día por celebrar o 17 de Maio recuperando, revitalizando e promocionando os vellos oficios e o traballo dos artesáns nunha romaría como as de antes e a proposta foi un éxito de público e participación dende o primeiro momento.

No burgo medieval de Celanova celebran hoxe, durante todo o día, unha nova edición de Raigame e está confirmada a presenza de máis dun cento de artesáns, ubicados nos 67 espacios expositivos habilitados en Vilanova dos Infantes. Raigame incorpora cada ano un apartado temático á súa oferta e este ano apostouse pola homenaxe e o recoñecemento aos desparecidos Jesús Silva e Secundino Feijoo, na súa condición de pioneiros no mundo do circo ourensán cos seus proxectos: el Circo dos Muchachos e o Circo Feijoo. Na publicación que edita Raigame para repartir na romaría recóllese a historia dos dous proxectos e unha entrevista co José María Silva, Churry Silva, que mantén viva a tradición da familia do promotor de Benposta.

Placa de recordo

Entre as actividades do día haberá actuacións de Alep-Hop e o Circo dos Muchachos e descubrirase unha placa en memoria de Silva e Feijoo.

Na romaría Raigame tamén se lle fará entrega do Premio Xan de Barros ao desaparecido Fidalgo Santamariña.