Importantes proxectos

La Voz

CELANOVA

01 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

O presidente da Mancomunidade ten previsto celebrar esta semana unha nova comisión de goberno, para abordar importantes proxectos como a aprobación do estatutos de bombeiros e a Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos. No que se refire a este último centro, Prado López manifestou que se mantiveron contactos cos responsables do centro de Celanova, «que funciona moi ben», para «intentar igual ou mellora-las características da fundación». A aprobación dos estatutos suporá un «gran impulso» para un centro demandado dende fai nove anos pola Asociación de Nenos Discapacitados, logrando a formación e saída laboral do colectivo.