AAlgúns din que Catalunya significa «terra de castelos» ( Catlá) igual que Castilla ou igual que cando a Historia Compostelá di que en Santiago se vendía o aprezado viño de Castela, que era o ribeiro de Castrelo de Miño. Esta etimoloxía non lles gusta aos actuais nacionalistas. Rómpelles esquemas ideais. Os países mudan seguido e de seren un país vaciado pola migración e conquista da Hispania islámica, pasou ser un país superpoblado cheo de inmigrantes que buscaban traballo na industria. Catalunya é tan española que medio Levante se fixo con cataláns e agora media Catalunya está feita con españois de todas as rexións. Así que os sentimentos catalás están feitos de moitos sabores como a escudella. Cando o president Terradellas veu do exilio ninguén discutiu a palabra exiliado. Era un exiliado real dunha dictadura auténtica. Ao chegar dixo: «Ciutdadáns de Catalunya». Sabía medir as palabras. Hoxe Catalunya está fracturada e máis que practicar o «seny» practica a «rauxa». As xentes non disimulan sentir noxo e “asquío” e practican seguido o odio. O nacionalismo do sorriso e da boa educación é un postureo de deseño para agochar dende o poder actitudes de intolerancia e acoso aos non nacionalistas sen poder. Cataluña era un país «exemplar» e con «imaxe» e pasou ser un pais en decandencia e modelo de case nada. O desprestixio lixou os seus productos industriais e o capital financeiro e máis o talento liscan de Catalunya en canto pode. Non ten boa pinta o que pasa en Catalunya.