Eira Losada é a gañadora do Reto Lector da Editorial Galaxia
22 jun 2018 . Actualizado a las 13:26 h.A ourensá Eira Losada é a gañadora do Reto Lector da Editorial Galaxia na que participan mozos de toda Galicia. De 17 anos e veciña de Barbadás, esta moza estuda Bacharelato de Artes na Universidade Laboral de Ourense. Para participar enviou dous vídeos recomendando algunha das obras do catálogo da editorial de xeito que animasen a outros a ler. Favorecer o sentido crítico e visibilizar as novas tecnoloxías como unha ferramenta de difusión da lingua e a literatura galegas entre os máis novos son os obxectivos desto reto xuvenil. Eira elixiu para o seu vídeo gañador a saga de Harry Potter, que leu completa en galego, para animar ás editoriais a traducir máis libros, sobre todo aqueles que xa hai traducir doutras linguas que no son o castelán. «Pensei nos libros que podía elixir para o reto e enseguida elixín os de Harry Potter porque me gustan moito», sinala. Eira Losada non é primeiriza na edición de vídeos curtos, xa que hai pouco obtivo un dos premios Youtubeiros pola súa canle @NubesBaixoTi, unha conta na que reúne tutoriais sobre fotografía, cociña ou maquillaxe. Todas as cousas que lle gustan.
Así que unha vez que tivo a idea, darlle forma non foi demasiado difícil. «Non sabia se facelo todo falado o meter algo de animación para que fora máis ameno. E metinlle algo especial, incluso unha variña máxica que tiña por aquí», afirma. A mensaxe que quería transmitir tíñaa máis clara. «Quería, ademais de recomendar o libro, falar das traducións en galego. Dáme rabia non poder ler os libros de leo traducidos, tamén en galego. E aproveitei o tema de facer un vídeo para deixalo caer», destaca. Eira é una ávida lectora e afirma ter claro que quere meter galego en todos os recunchos nos que poida. «Creo que a mellor maneira de ler un libro é na súa versión orixinal. Pero se non podes e tes que ler unha tradición pois prefiro que sexa en galego», sentencia.
A moza ourensán afirma que si existen libros xuvenís en galego, pero que é moi difícil atopar sagas internacionais. E que se chegan faino dous o tres anos despois de que son publicadas. «Ás veces agardo por eles, pero non sempre porque a curiosidade é moi grande», di. E anima aos mozos galegos a que demanden estas lectura para que poidan ser máis habituais. Na actualidade le El nombre del viento, de Patrick Rothfuss, traducida ao castelán: «Ás veces no podo agardar a que saian en galego, porque ó mellor nunca as traducen». E cando ten que atopar algún título acode máis veces á biblioteca pública porque sabe que alí atopará máis que nas librarías. «Primeiro penso que libro quero ler e sempre miro se o atopo en galego. Se non é posible, pois en castelán. Non os deixo de ler porque non estean en galego», relata.
Esa defensa do galego tamén aparece na súa canle de Youtube. «Cando comezou a moda de facer pulseiras con gomas comecei a ver tutoriais. E un día pesei en facelos eu. Primeiro foron de manualidades e logo fun ampliando os temas, todo o que me gusta», explica. E na actualidade, duascentas cincuenta persoas seguen as súas reflexións. Tamén é seguidora de youtubers como Izan: «Vas elixindo o que máis te gusta. É como quen ven unha canle de televisión ou outra. Ao principio podes copiar algunhas cousas que che gustan e logo pouco a pouco vas facendo o teu espazo coas túas peculiaridades». E parece que atopou un espazo que gusta a máis mozos, se temos en conta que o premio do Reto Lector non foi concedido por un xurado clásico, senón por alumnos do IES Santo Tomé de Vigo. «A verdade é que ao final para min é moi importante porque é xente da miña idade á que lle gusta o que fago. Está guay porque ás veces os maiores non se poñen tanto na túa pel e ó final quen consume os vídeos de Youtube son os mozos. Isto quere dicir que non o estou facendo moi mal», afirma.