Máis solidariedade

JESÚS MANUEL GARCÍA

ALLARIZ

A CIGARROSA | O |

31 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

ALLARIZ celebrou o venres unha xornada para falar da solidariedade. Que si os medios de comunicación fan moito ou que si fan pouco, que si a sociedade pasa de tanta morte e imaxes macabras ou non. Quedou claro que algo ten que cambiar na sociedade e nos medios. Que ser solidarios é unha obriga moral e que os políticos teñen que selo, non lles vale con alardear delo. E que por riba da hipertrofia de información política hai que centrarse máis en cuestións sociais, que agouchan rostros cheos de interés. Mentras isto se falaba en Allariz, un grupo de misioneiros ourensáns marcharon a Santiago a súa festa anual. Iste ano fixérono así. Xentes que cando menos son heroes pola súa entrega vital a axudar a outros a sair da miseria, a ensinalos a pescar. A sumarse a eles para ir en contra de quen ou do que non os favorece. A solidariedade semella ter máis fondo que a caridade. E onte, os xóvenes invadiron a cidade. Neles está a clave para que cambien moitas cousas a favor da solidariedade. Que lle dean unha volta a esta sociedade enferma a base do coñecemento da realidade auténtica. E comprometerse máis.