09 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.
PARECE MENTIRA que o organismo encargado de velar pola riqueza fluvial do noroeste español convirta un bonito tramo urbano de río nun canal de regadío. Esto non é un proxecto para unha cidade. Supoño que estaría ben deseñado para encauzar un río que asolaga prados ou carballeiras na Terra Cha. Pero dende logo, como o alcalde non tome cartas no asunto, non vai dar convertido Monforte no Allariz lucense. Ó río de Allariz non lle votaron formigón.