MAR GIL O CRONÓMETRO José Antonio Quintas, dorsal número un da Andaina de Allariz
24 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Coma en anos anteriores, José Antonio Quintas levará o dorsal número un na andaina que hoxe se celebra no Concello de Allariz. -Cincoenta quilómetros en doce horas será moito para algunha xente. -Para facer unha andaina de 50 quilómetros hai que estar preparado, non só camiñar uns días antes; para o organismo é moito tempo da mesma maneira e con eso sufre. Hai que levar calzado adecuado, botas que teñan caña alta para suxeitar o tobillo e, aínda que hai distintas opinións, eu penso que levar unha vara é importante porque te fai sentir máis seguro. -¿Supón algo o número un nunha proba non competitiva como esta? -Por suposto non ten ningunha importancia; leveino o primeiro ano e despois tiven interese en conservalo pero como unha anécdota. -Vostede é un andarín recoñecido... -Somos un grupiño de amigos que cada mañá facemos andando e correndo uns sete quilómetros. Penso que andar é un privilexio e por esa experiencia creo que a Andaina de Allariz non debía saír máis tarde das sete; ó romper o día é o mellor momento para andar, cando a natureza desperta é unha marabilla, hai un montón de sensacións. Nesta andaina, por exemplo, o importante non é o tempo en que fas o percorrido e chegas á meta, senón disfrutar do camiño.