Cristina Pato presentou «Fóra de foco», a súa segunda novela: «En Nova York fíxenme invisible»

M. Rodríguez OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Cristina Pato presentou a súa segunda novela  Fóra de foco  na librería ourensá Tanco, onde estivo acompañada por Marcos Calveiro, director de edicións de Galaxia e polo escritor Juan Tallón.
Cristina Pato presentou a súa segunda novela Fóra de foco na librería ourensá Tanco, onde estivo acompañada por Marcos Calveiro, director de edicións de Galaxia e polo escritor Juan Tallón. MIGUEL VILLAR

A artista ourensá falou con Juan Tallón na libraría Tanco de Ourense desta historia, ambientada nun barrio de Nova York, e que indaga na retirada da vida pública dunha exitosa fotógrafa 

17 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A polifacética artista ourensá Cristina Pato xa é coñecida haitempo como escritora, di o tamén novelista Juan Tallón. Como tal se vén manifestando nas columnas dos venres en La Voz de Galicia, mais agora sobe un chanzo coa súa segunda novela, «Fóra de foco» (Galaxia), que onte presentou na libraría Tanco de Ourense.

Pato rexeita que a historia da protagonista, unha famosa fotógrafa (Basil Cancela) que decide retirarse da vida pública, teña que ver coa súa. Na conversa con Juan Tallón negou que «Fóra de foco» sexa autobiográfica. Concede que comparte coa protagonista a paisaxe urbana do West Village de Nova York, e que a novela tenta responder preguntas como as que ela mesma se fixo —logo de se facer popular como gaiteira con 18 anos— cando se retirou dos escenarios. Preguntas sobre a propia identidade e que pasa con esta cando a vida profesional deixa de ter sentido.

Marcos Calveiro, director de edicións de Galaxia, explicou que a historia se presenta fragmentada, contada por unha xornalista que investiga a vida da fotógrafa e ten algo de Paul Auster no reflexo da vida do barrio neoyorkino.