Presentouse unha plataforma para recoller colaboracións co léxico propio da comarca
30 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A Fundación Florencio Delgado Gurriarán presentou este sábado na Rúa unha plataforma para recoller o léxico propio de Valdeorras. Trátase dunha ferramenta en liña que facilita as achegas da veciñanza, coa coordinación da comisión de lingua da Fundación. Esta irá validando os termos e contextualizando a súa posible inclusión nun dicionario da fala da comarca. O proxecto lanzouse na primeira xornada cultural celebrada pola fundación neste 2025.