O allaricense presenta a concurso o seu traballo de fin de carreira
17 feb 2025 . Actualizado a las 17:38 h.Do 20 ao 22 de febreiro • Teatro Colón • A Coruña • O mozo allaricense Agustin Segura será un dos participantes da terceira edición do festival de cine LGTBIQ+ Norte Cinema Diverso que se celebrará na cidade da Coruña a próxima semana, concretamente entre os días 20 e 22. O escenario do certame será o Teatro Colón.
Agustín Segura será un dos que concurse para facerse co premio Trini Falcés á mellor curtametraxe ou documental. Será coa peza «El que no se agache» e a mesma poderase ver na sesión matinal do sábado. A obra foi o seu traballo de fin de carreira e a mesma «pretende ser unha reflexión sobre as infanzas queer dun grupo de mozas e mozos». Segura, de 22 anos, levou o premio á mellor montaxe dos FAS Muvis do OUFF por «Xoves».