A iniciativa é unha proposta de Guido Guía e Fabio Forino e desenvolverase no mes de marzo
21 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Día 29 de marzo • 11.00 horas (saída da praza Bispo Cesáreo) • Ourense • De balde. Hai que anotarse en guidoguiaturismo@gmail.com • Guido Guía, o coñecido guía turístico que desenvolve actividades por toda Galicia e que ten realizado varias propostas en Ourense, colgaba esta fin de semana nas redes un vídeo coa súa visita ao taller onde traballa Mon Devane. Xa con anterioridade, en Reis, publicara unha foto co artista no seu estudio da cidade.
Agora Guido Guía e Fabio Forino veñen de anunciar que organizan un paseo guiado pola obra de Mon Devane en Ourense. A actividade desenvolverase o día 29 de marzo, sábado, e a mesma será de balde. As persoas que desexen participar deberán inscribirse por correo en guidoguiaturismo@gmail.com.
Mon Devane é un artista urbano que emprega o spray como ferramenta para o seu traballo artístico dende o ano 2003. Definido polo seu estilo fotorrealista e monocromático, os grandes formatos son o escenario onde acostuma a desenvolver de forma habitual o seu traballo. Ten participado en encontros internacionais en países como México, EE. UU., Xamaica, Emiratos Árabes, Italia ou Francia, entre outros lugares, e hai só uns días que se clausuraba a súa mostra «Pulpezas», no Marcos Valcárcel.
Entre outros traballos, Mon Devane é o autor do mural da gaiteira que se atopa á entrada da cidade ou o de Ennio Morricone situado no Meraki do parque de San Lázaro,