O acto celebrarase o 21 de xullo en O Barco
02 jul 2023 . Actualizado a las 05:00 h.O Instituto de Estudios Valdeorreses, en colaboración co Casino de O Barco de Valdeorras, renderá unha homenaxe ao actor barquense Gabriel Prada, que comezou a súa andaina como actor no grupo de teatro amateur Gargallada, destacando o seu traballo na obra A Abraiante vida de Braian. Seguidamente pasou a facer espectáculos unipersoais, momento no que coñece ó clown Paco González, de Rubiá, quen, pola enorme fama que tiña en Alemaña, deu lugar a que se creara no país xermánico a cátedra de clown. Con Paco como director, Prada creou Quimera, participando en numerosos festivais internacionais. Levou distintos premios pola súa interpretación.
A cita será 21 de xullo no Casino. «Con esta homenaxe, a entidade cultural e a recreativa, premia a traxectoria de Gabriel Prada, na difícil interpretación, como actor en xeral e como clown en particular, levando arte e cultura, e tamén o nome de Valdeorras e de Galicia, polos mellores teatros de numerosos países de distintos continentes», sinala Aurelio Blanco Trincado, presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses.