Arancha Nogueira, Rochi Nóvoa, Iria Piñeiro, Cándido Paniagua e Alexandre Corbillón participarán nas residencias literarias da Deputación

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Miguel Villar

Croacia, Mojácar, Turquia, Polonia e Islandia serán os destinos dos creadores ourensáns

25 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A Deputación de Ourense e a Residencia Literaria 1863, que dirixe Yolanda Castaño, adxudicaron as axudas para as residencias literarias que se desenvolverán este verán. O xurado que concedeu as becas estivo formado por César Fernández Gil, Luís González Tosar, Chus Pato, Xosé Benito Reza e a propia poeta, que actou con voz pero sen voto.

O proceso desenvolveuse por concorrencia competitiva e os escritores ourensáns seleccionados foron Arancha Nogueira, Iria Piñeiro, Cándido Paniagua, Rochi Nóvoa e Alexandre Corbillón.

Arancha Nogueira viaxará a Croacia cun proxecto a cabalo entre o ensaio e a novela de autoficción. A Mojácar irá a poeta e actriz Iria Piñeiro, gañadora de dous Premios María Casares. Poa súa banda Cándido Paniagua, narrador e profesor de Xinzo, desenvolverá en Turquía o seu proxecto de novela e a mestra e escritora de Sobradelo (Xunqueira de Ambía) Rochi Nóvoa ultimará en Polonia nunha proposta de obradoiro de creación literaria orientado á rapazada. O poeta celanovés Alexandre Corbillón terá a oportunidade de traballar dende Islandia no que será o seu segundo poemario.