A MIT convoca unha nova edición do Premio Abrente

La Voz

OURENSE

06 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha nova edición, a número 16, do Premio Abrente xa está en marcha. As bases do recoñecemento teatral que impulsa a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia foron aprobadas no último pleno do Concello. Todas as persoas que desexen presentar os seus textos, -terán que ser obras orixinais e inéditas en lingua galega-, poderán facelo ata o 18 de xuño. Deberán presentarse por triplicado e garantindo o anonimato do seu autor. Os obxectivos principais deste premio son fomentar a creación dramática contemporánea en galego e favorecer a diversidade de estilos e estímulos da creación escénica contemporánea de Galicia. O Premio Abrente ten unha dotación de 3.500 euros, máis a edición da obra e o apoio do festival a través das súas coproducións.