Galaxia reedita «Santa Marta de Moreiras» de Ben Cho Shey

La Voz

OURENSE

Alberte Paz Garza

A Deputación de Ourense co-edita esta obra facsimilar

21 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O escritor, mestre e investigador ourensán Xosé Ramón Fernández-Oxea, Ben Cho Shey, volveu a Caspiñón, o pobo onde foi mestre e onde creou gran parte da súa obra, e fíxoo personificado nunha nova edición do seu libro máis importante, Santa Marta de Moreiras. A Deputación de Ourense co-edita esta obra facsimilar con Editorial Galaxia, «unha publicación que actualiza a un dos grandes dos nosos intelectuais, fervente defensor do ensino en galego», expresou Baltar, quen estivo acompañado no acto polo presidente de Galaxia, Antón Vidal Andión; polo presidente do Centro PEN Galicia, o escritor Luis González Tosar, e polo alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor. 

 Neste ano no que se conmemora o centenario da revista Nós e dunha xeración inesquecible, Xosé Ramón Fernández Oxea ocupa tamén un lugar destacado nesta lembranza, sendo como foi un dos integrantes sobranceiros da Xeración Nós, xunto a Otero Pedrayo, Risco, Cuevillas e Castelao, destacando nas súas facetas como mestre, conferenciante, etnógrafo e historiador, xeógrafo e arqueólogo, ademais de bibliófilo e xornalista.