Quen abre este melón?

x. m. r. OURENSE / LA VOZ

OURENSE

As obras para recuperar o mosteiro de Melón non se executan, a empresa reclama diñeiro ao Concello e este datos a Fomento

09 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A historia recente do mosteiro de Melón está chea de promesas, esperanzas, frustracións e moreas de boas intencións que remataron por ser iso, grandes ideas que non pasaron do limbo dese futuro que nunca chegou, por máis que os veciños do municipio agarden o día no que podan ver a súa icona patrimonial convertida en algo máis que un vizoso pasado que rematou en grandes e rexas paredes esfareladas e moricos de pedras.

Logo da desamortización e de propietarios e destinos varios dende aquela, o mosteiro rematou en mans duns inversores ourensáns que non chegaron a materializar o seu proxecto de recuperación. Co acordo de compra-venda e a incorporación á categoría de ben público foron varias as propostas baralladas, ata a decisión final de facer de Melón un hotel monumento desenvolvendo un proxecto na liña dos realizados en San Clodio ou Santo Estevo de Ribas de Sil.

Que foi da subvención?

Para acometer a primeira fase das obras de rehabilitación de Melón dotouse unha partida dun millón de euros e Fomento licitou o proxecto. Os traballos non se chegaron a executar e a situación de falta de actividade dá lugar a acusacións cruzadas entre o goberno e a oposición municipal. Dende o PP responsabilizan ao equipo do PSOE, que dende xuño de 2019 ostenta a alcaldía, de perder a subvención. Pola súa banda o alcalde retruca lembrando que as obras xa non eran tales e estaban paradas na época da súa antecesora -a popular Cristina Francisco-.