Rei do entroido

Xosé M. Rodríguez ANACOS

OURENSE

27 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Devecía esta provincia por facer do entroido un dos seus sinais de identidade e a proba semella máis que superada. Moitos esforzos, moitas mascaradas ibéricas despois e a implicación dos ourensáns para viaxar ao fondo da memoria colectiva para recuperar personaxes, costumes e tradicións están dando como resultado unha oferta singularizada por toda a provincia que cada vez atrae a máis visitantes e implica aos ourensáns. Tamén hai quen aposta por traballar para ter, nun futuro máis próximo que lonxano, unha referencia para unhas datas nas que a provincia vive a súa festa máis querida e agardada. Esa na que algúns son quen de viaxar centros de quilómetros ou queimar días de vacacións para estar cos seus veciños, amigos de toda a vida ou familiares e saír a correr o entroido coa máscara ou o personaxe que singulariza aos seus.

Ata na cidade o entroido do 2020 rematou por ser o que sempre desexaron os ourensán: un fervedoiro de xente e unha gran implicación á hora de participar. Mesmo o alcalde se transmutou para se converter nun apaixoado rival para os tradicionais reis do entroido dos últimos lustros. E así o puidemos ver nas parodias do futuro parque acuático, no coche da Policía Local de pega, de homilía na Ponte e de espectador de excepción da Voda da Pita de Eiroás. Ademais de figurar nunhas cantas fotos con xente disfrazada, rapaces de troula pola zona vella ou espectadores do casorio de As Eiroás.

Unha identificación entroideira que mesmo lle valeu para a xornada de despedida da festa cando, ao Pepe Isbert en Villar del Río, dixo aquilo de «bajen los bolardos».