Arredor do meco

M. R. V. OURENSE

OURENSE

MIGUEL VILLAR

As Teixugueiras celebra o que se di unha festa rachada, concentrada en dous días, o da feitura do protagonista do entroido e o martes, cando se corre nun carro por todo o pobo

24 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Se o entroido de Sande é enxebre, o das Teixugueiras supera ese cualificativo. O domingo preparan o ambiente uns gaiteiros, pero todo se concentra no luns e martes de entroido. O luns é a feitura e bautizo do meco. Os veciños van o monte do Outeiro da Choza a cortar o tronco e a labrar o meco, que e moldea con motoserra entre cancións, música de gaitas e merenda de sardiñas en lata que logo se usan como orellas do meco. Tralo divertido ritual do bautizo, botando viño sobre o meco e tirándoo nunha poza, os veciños lévano ao pobo e queda onde o peto de ánimas. O meco adoita levar o nome dun político ou personaxe do que se fai sátira. Nos últimos anos Trump-Trompas ou Puigdemont-Puig de Monte. O luns a noite hai unha cea popular. E o martes paséase ao meco nun carro que se lanza polos carreiros nunha festa na que participa todo o pobo e na que hai música de gaiteiros toda a xornada. A festa acaba ca lectura do testamento. O que se di: unha festa rachada.