Viaxe aos países Bálticos


Os amigos da diocese de Ourense viaxan, do 20 ao 28, aos países bálticos. Imos tralos pasos do papa Francisco, que estivo en Estonia, Letonia e Lituania, no setembro do ano 2018. Aquelas xentes sufriron a persecución e a ocupación nazi e tamén soviética,

En Tallín visitaremos a magnífica catedral luterana, edificio gótico construído pouco despois da invasión danesa no século XIII. A catedral conserva nos seus muros os escudos de armas das principais familias da comunidade báltico-xermánica. Apreciaremos a espléndida beleza da catedral ortodoxa Alexander Nevsky, construída no 1900 e o impoñente Castelo de Toompea (dos daneses), sede do parlamento Estono. O papa denunciaba alí que «hoxe algúns considéranse libres cando viven sen Deus ou ao súa marxe. Non se dan conta de que así transitan pola vida como orfos, sen fogar». En Riga visitaremos a catedral, coñecida como o Domo; a maior dos países bálticos, xoia do gótico construída nos primeiros anos do século XIII e hoxe dedicada ao culto protestante. É célebre polo seu espectacular órgano construído no 1844 con catro teclados e máis de 6.700 tubos. O papa Francisco celebrou aquí un arriscado acto ecuménico. Logo, na catedral de Santiago saudou aos católicos e díxolles, entre outras cousas, que «o Apóstolo Santiago convidábaos a ser constantes, a non baixar os brazos» para «levar a esperanza de Cristo» aos apesarados e aflixidos. E gabou aos anciáns letóns, porque «nin o réxime nazi, nin o réxime soviético foron quen de apagar a fe nos vosos corazóns». En Vilna visitaremos, ademais da Catedral, con súa impoñente estampa neoclásica, a igrexa de san Pedro e san Paulo, a Igrexa de santa Ana e a de san Nicolás, que é a máis vella Lituania. Faremos un oco para visitar a catedral ortodoxa e as Portas do Amencer. O papa Francisco, no encontro que tivo cos seus irmáns xesuítas en Vilna, pediulles «que utilicen o discernimento espiritual para sacar a cantos o necesiten dos infernos da existencia humana na vida moderna».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Viaxe aos países Bálticos