A lingua galega como última vontade

Brais Capelán

OURENSE

A xuntanza dos expertos tivo lugar na sede da Confederación de Empresarios de Ourense.
A xuntanza dos expertos tivo lugar na sede da Confederación de Empresarios de Ourense. Miguel Villar< / span>

Reivindicación do 24 de outubro como día da restauración da memoria lingüística

16 oct 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

1A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia aproveitou a presentación dun libro de mandas testamentarias no que aparecen, en galego, os derradeiros desexos dun centenar de ourensáns para reivindicar o 24 de outubro como Día da Restauración da Memoria Lingüística. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, comprometeuse a levar a cabe nesa xornada as actividades que a asociación ten previsto organizar e que inclúen a colocación dunha placa no cemiterio. Tamén se firmou onte unha acta de Derradeiras vontades, coa presenza do maxistrado Francisco Cominges, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Internacionalización

2Empresarios ourensáns recolleron onte información sobre as posibilidades para entrar nos mercados de Brasil, Marrocos e Reino Unido coa presenza de expertos destes países para asesoralos. O encontro tivo lugar na sede da CEO e foi Pérez Canal quen presidiu o acto e invitou aos participantes a mirar cara a internacionalización aínda que analizando a viabilidade dos proxectos.

Atopando a felicidade

3O centro cultural Marcos Valcárcel acolleu onte unha conferencia do monxe budista Gueshe Tenzing tamding. O tibetano leva desde o 2002 como director espiritual dos centros budistas de España. No 2008 decidiu crear o primeiro centro de retiro da provincia, que se atopa en Ventoselo e leva por nome Chu Sup Tsang.