«As conquistas que temos fixéronas as mulleres do común, no día a día»

OURENSE

Santi M. Amil

Recebe o premio Clara Campoamor polo seu traballo a prol da igualdade que otorga el Concello de Ourense 

22 feb 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Recibir un premio non é algo novo para Ánxeles Cuña da compañía Sarabela Teatro, da que é fundadora. Pero o que recollerá o día 8 de marzo, o premio Clara Campoamor que outorga o Concello de Ourense, é distinto por canto non cualifica a súa profesionalidade como dramaturga, senón o compromiso social que leva transmitido na súa traxectos Cuña Bóveda (Pontevedra, 1957). Esta pedagoga afincada en Ourense dende hai case catro décadas conta por ducias os recoñecementos acadados pola súa faceta como autora e directora teatral, principalmente dende a cria vital.

-¿Pensou algunha vez recibir un recoñecemento deste tipo?

-Nunca se me pasara pola cabeza. Nunca tivera ningún premio fóra do mundo do teatro e estou moi agradecida a quen me propuxo e a todo o xurado. É un premio especialmente bonito e especialmente grato, que recibo con moita alegría pero que non considero só meu, porque eu sempre traballo en equipo.

-¿É o mundo da dirección teatral un feudo masculino?

-Era máis que é. As mulleres tamén sabemos o que é conquistar un espazo neste campo. Cando eu empecei non había moitas dramaturgas nin moitas directoras. Antes de min en Galicia foi Dorotea Bárcena. Pero nos últimos vintecinco anos houbo unha explosión e, sen ser avalancha, hai moitas mulleres creadoras que se incorporaron a este mundo. Iso tamén fixo mudar cualitativamente a mirada do que vai á escena. No noso caso, o de Sarabela, é certo que fuximos sempre da estereotipia encorsetadora da muller. Non sei se me dan o premio pola persistencia ou polo tratamento, o que si espero é merecelo porque leva unha responsabilidade e, se cadra, maior compromiso.

-¿Sentiuse algunha vez agredida pola súa condición de muller?

-Algunha vez pensei que, de ser home, algunha cousa non me pasaría. Afortunadamente nunca tiven ese problema cos meus compañeiros directos, pero si que o notei á hora de acceder a algúns estamentos ou espazos; e no comezo, cando parece que había que demostrar tres veces máis. Si a nivel de algún comentario desafortunado, como cando fun efémera directora do Centro Dramático Galego, que alguén me cualificou como a bella durmiente, cando estaba traballando arreo e se fixeron en moi pouco tempo moitas cousas...

-¿É optimista de cara a consecución desa igualdade real?

-Eu creo moito na persistencia e na resistencia, e penso que a muller é capaz de seguir avanzando, sendo activa e sen tragar con rodas de muíño. As conquistas que temos fixéronas moitas mulleres do común no día a día, non as fixeron grandes triunfadoras.

-Fíxose moza no franquismo, ¿axudou á súa combatividade?

-Empecei a facer teatro nos oitenta e obviamente recollín toda esa necesidade de rachar eses corsés. A miña xeración coñecemos ben o que era a concepción da muller nesa época. Sempre dependente dun home, primeiro do pai, despois do marido, case como perpetuando a condición infantil e sen autonomía sobre a súa propia vida. Cousas que hoxe nos parecen moi obvias foron froito dun proceso de avance.

-Como pedagoga nun instituto, ¿comparte a idea de que hai unha regresión ós roles machistas incluso nas mulleres?

-En cada xeración, e eu xa levo visto moitas, hai xente vangardista e xente retrógrada. E nestas cousas hai sempre cuestións cíclicas e modelos sociais que inflúen moito na xente nova e que se reproducen a través dos medios de comunicación. Pero hai moitos avances e hoxe hai cousas que non se cuestionan, como o dereito ó voto, aínda que haxa moito por camiñar porque pervive aínda moito machismo.

Ánxeles Cuña Bóveda autora e directora teatral

«Penso que o futuro de Ourense pasa pola cultura; aquí agroman os creadores»

Ánxeles Cuña asegura que está encantada de ter desenvolvido a súa carreira como dramaturga en Ourense. «So unha vez escoitamos cantos de serea, nese senso. Querían que nos fósemos a montar un espectáculo a Madrid porque a persoa que tiña os dereitos sobre a obra estaba alí. E afortunadamente dixemos que non. Estou segura que foi unha fantástica decisión», asegura.

-¿Séntese recoñecida aquí?

-Eu creo que todos os meus compañeiros sentimos que Ourense nos quere e que hai un recoñecemento social do que facemos. Certas actividades xa pasaron a ser referentes e patrimonio da cidade: a Miteu, o Fito, a Moti. Estamos moi ben aquí porque ademais eu penso que o futuro de Ourense pasa pola cultura; agroman creadores e artistas. ¿Que ten Ourense de esencia que dera máis persoas senlleiras? ¿Cantos artistas, autores, escritores, músicos, poetas, fotógrafos, cineastas temos e tivemos na provincia?

-¿Cree que as institucións e os políticos comparten esa visión?

-Tendo en conta que os recortes na cultura son dende o 2008 ata hoxe do 50 %, e a ferida aberta do IVE, que é o máis caro de Europa, co 21 %, penso que non. A min dáme envexa dos países nórdicos porque realmente aman e protexen a cultura. Aquí en xeral a visión política do que implica apoiar ó sector cultural é bastante miope e téndense a identificalo unicamente co entretemento vacuo, cando a cultura xera retorno e pode converterse en dinamizador tamén no económico. Nós non temos nin un espazo propio, nin alguén que colla o teléfono nunha oficina. Si os políticos tivesen conciencia do importante que é, de que as cidades con cultura son cidades vivas... A cultura ten ata rendibilidade política!