Castilla y León
La participación en las elecciones a las 14 horas sube dos puntos hasta el 36,9 %

As respostas da historia

mar gil OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Álvaro Ballesteros

As fontes documentais espertaron a paixón de Carreira polo Medievo

24 sep 2012 . Actualizado a las 07:20 h.

Son alumno e mestre pero no seu paso pola Facultade de Historia de Compostela séntense, fundamentalmente, discípulos de José Ángel García de Cortázar. Anselmo López Carreira e Ermelindo Portela Silva compartiron aulas nos 70 como estudante e profesor pero ambos teñen como mestre de cabeceira a un vasco que cambiou o seu rumbo académico cun novidoso xeito de concebir a historia como explicación da sociedade no tempo.

Para Anselmo, vigués de berce pero ourensán de familia, formación e corazón, aquilo foi unha treboada que rematou con Ermelindo: «A min, como progre que era, o feudalismo non me parecía nada interesante; a revolución rusa, si. A Ermelindo tíveno de profesor en Metodoloxía, recén saído el do forno, e ese foi o punto onde me decidín pola historia medieval».

Os documentos que o profesor Portela puxo a disposición da inquedanza intelectual daquel ávido alumno e o estilo non acartonado da súa actitude docente deixaron pegada no hoxe tamén profesor e investigador Anselmo López Carreira.

«Para min os documentos foron un descubrimento; ata ese momento a Historia eran narracións, contábanse historias, e con Ermelindo descubrín os documentos medievais, moi fermosos e redactados nun galego moi bonito que me remitía a un galego de aldea, moi auténtico».

O idioma foi protagonista inesperado na vida académica de Anselmo. A súa foi a primeira tese de licenciatura feita en galego e contou cun tribunal de un historiador e dous filólogos, que fixeron un duro control da expresión máis ca dos contidos.

Portela ten aínda vivo o desacordo do catedrático García de Cortázar con aquela circunstancia -el, bilbaíno, aceptou como algo natural a deriva galeguista do seu alumno- e tamén a fondura da vocación de Anselmo: «El oficio de historiador en tu caso siempre me pareció muy claro: esa vinculación con las fuentes, la capacidad de examinarlas a fondo, hacer investigación independientemente de la ideología, el anclaje en los textos, nunca dejarse llevar por una interpretación apriorística sino someterlo todo a la crítica de los testimonios. Siempre he echado de menos casos como el tuyo porque para un profesor de historia el contacto con la investigación es la mejor manera de garantizar un nivel docente de altura, más que los métodos pedagógicos».

Vocación e espíritu crítico son valores pouco presentes na Universidade actual, admite Portela: «Hay pasividad pero, si estimulas el espíritu crítico, al final aparece. Cortázar insistía en que teníamos que venir a clase con La Voz de Galicia leída o debajo del brazo para leerla porque la historia tiene relación con lo que estamos viviendo a la puerta de la facultad. Es lo que dice Pierre Vilar: ¿Para qué sirve la Historia? Para saber leer el periódico».