Celso Emilio e Alonso Montero, unidos por Celanova e a raia

O escritor ribadaviense recibiu o nomeamento de Arraiano Maior e o celanovense, a condición de Universal


ourense /la voz

Celanova foi onte lugar de encontro. E tamén serviu para limar asperezas. A relación de amor-odio que, asegurou o colectivo Arraianos, o escritor Celso Emilio Ferreiro tiña coa súa vila natal tornouse onte menos negativa. Na celda onde pasou os días dos que saíu Longa noite de pedra serviu para renderlle unha homenaxe e convertelo en Arraiano Universal. No denominado Manifesto arraiano 2012 uniuse á figura de Celso Emilio Ferreiro outro ourensán, Xesús Alonso Montero, que a partir de agora é Arraiano Maior da Raia Seca.

Os representantes do colectivo Arraianos falaron de xente comprometida coa terra, coa lingua e destacaron de Alonso Montero o seu traballo por la cultura galega e polos seus escritores. O autor ribadaviense, que desvelou no saber moi ben que é iso de «arraiano maior» asegurou que a mala relación de Celso Emilio Ferreiro con Celanova non é nin nova nin orixinal, referenciando casos parecidos entre autores e a súa terra de orixe. Tras abandonar a celda e mostrar a escultura feita polos cen anos do nacemento de Celso Emilio Ferreiro realizada por Baldomero Moreiras o acto desprazouse o cemiterio de San Breixo xunto á tumba de Celso Emilio. Alí, Alonso Montero colleu o testigo de Bento da Cruz, o escritor portugués que o ano pasado mereceu o nomeamento. A festa terminou de tarde, nunha taberna, como lle gustaba a Celso Emilio Ferreiro, cantando e lendo poemas.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Celso Emilio e Alonso Montero, unidos por Celanova e a raia