Debaixo dos nosos ríos

Ángel Dorrío

OURENSE

Onoso río Miño xunto co Sil son os ríos de Galicia que teñen a maior densidade e cantidade de grandes encoros por quilómetro de río, o que fai que estean completamente ocupados de comportas reguladoras do seus caudais e existindo tramos curtos nos que un encoro superponse ao seguinte. Estes encoros están sempre provocando cambios artificiais no caudal do río, abrindo e pechando as súas comportas segundo os seus intereses económicos e non respectando os ciclos naturais do curso do río. Variacións de cotas e caudais nas que os niveis da auga soben ou baixan ata metro e medio e deste xeito nunca se sabe que vai pasar. Así, nestas ultimas semanas estamos a ver coma o Miño ao seu paso pola cidade, vai quedo con augas escasas é que case xa se pode cruzar a pé nos arredores da nova pasarela de Oira.

Está situación ven producida polas obras que están a realizar unha central hidroeléctrica no encoro de Belesar. Hoxe temos pouca auga para o Miño pero seguirá sen pasar nada ata que chegue o vindeiro outono ou inverno, no que segamos e expensas das portas abertas dos encoros para de forma imprevisible volvan as crecidas e inundacións.