Hai moitos Pacíficos embravecidos

Xosé Lois Carreira

OURENSE

Anatureza é tan sabia que non contempla seguros a todo risco. Non localiza o terror, nin coñece o concepto dunha vida programada con plena garantía e sen accidentes. Sabe que estas ideas escapan a súa propia abstracción. A natureza di que non hai sociedade avanzada capaz de soportar o seu curso, a súa lei, o difuso ritmo que impón a inestabilidade do seu ser, tamén o da humanidade, nun contedor terrestre composto de magma fundido e sometido como todo o universo á poderosas colisións de grandes masas e enerxías cinéticas. A natureza non recoñece o poder lexislativo, máxime cando as leis non a respectan. Non recoñece o avance tecnolóxico, máxime cando a anula e destrúe. Non recoñece a especie humana cando a opila, esquilma e devasta. A natureza non recoñece, simplemente colle o seu paso, sempre o paso do sacrificio e a recuperación. Como a vida, como a convulsa historia das civilizacións, como o devastador impacto dun gran meteoro sobre a codia terrestre, como o terrorífico poder do choque sen control de dous insignificantes átomos. Todo está velado da mesma cor, desde o macrocósmico ós microorganismos o vermello intenso dunha gran colisión debuxa o enorme fluxo de enerxía que se libera. A mesma enerxía que destila un inacabado escravo de Michelangelo da Galería Uffizi loitando por deixar de ser mármore. A mesma que convirte a masa levedada primeiro en pan e logo en residuo orgánico da compostaxe, a mesma enerxía que Xinzo precisa para fulminar un oxidado modelo de xestión sectario e do mangoneo, a mesma que fai retrincar a un parado con máis de cincuenta anos co parsimonioso devir dos conserxes da Deputación, a enerxía que fai dun país mordaza da súa propia lingua e futuro, a mesma coa que un goberno de España pode nacionalizar a súa banca para rachar dunha vez por todas cos seus abusos e co antidemocrático control dos mercados. A mesma enerxía que fai soltarse un océano antes Pacífico, hoxe embravecido polo curso inapelable da natureza.

CAPITAL

Ayuntamiento 988 388 100

Quejas consumidores 988 388 128

Atención al ciudadao 988 39 29 09

O BARCO

Ayuntamiento 988 320 202

Policía Local 988 322 939

Centro de Salud 988 325 794

ALLARIZ

Ayuntamiento 988 440 001

Policía Local 988 440 000

Centro de Salud 988 440 958

O CARBALLIÑO

Ayuntamiento 988 530 007

Policía Local 988 530 006

Centro de Salud 988 271 816

CELANOVA

Ayuntamiento 988 431 487

Policía Local 619 292 919

Centro de Salud 988 451 736

RIBADAVIA

Ayuntamiento 988 477 100

Policía Local 988 471 404

Centro de Salud 988 470 500

A RÚA

Ayuntamiento 988 310 116

Policía Local 988 310 116

Centro de Salud 988 310 176

VERÍN

Ayuntamiento 988 410 000

Policía Local 988 411 612

Centro de Salud 988 413 460

XINZO

Ayuntamiento 988 550 111

Policía Local 988 462 425

Centro de Salud 988 462 200

TRANSPORTES

Estación autobuses Ourense 988 216 027

Renfe: información y reservas 902 240 202

Teletaxi 902 350 555

URGENCIAS

Emergencias 112

Incendios forestales 085

Policía Nacional 091

Policía Local 092

Bomberos 080

Guardia Civil 062

Guardia Civil (Inf. ciudadano) 900 101 062

Protección Civil 988 210 931

CAPITAL

GUARDIA NOCTURNA, de 22.00 a 09.30

Progreso, 153 988 213 588

ABIERTAS MAÑANA Y TARDE (rotan la guardia nocturna)

Santo Domingo, 86 988 228 256

Progreso, 153 988 213 588

Curros Enríquez, 10 988 233 021

Curros Enríquez, 35 988 510 230

Avda. Buenos Aries, 4 988 221 996

Marcelo Macías, 75 988 220 648

Ramón Puga, 59 988 224 348

O CARBALLIÑO

Calvo Sotelo, 16 988 274 397

Tomás María Mosquera, 27 988 270 095

Rosalía de Castro, 20 988 270 347

Castelao, 35 988 530 226

Otero Pedrayo, 17 988 272 361

RIBADAVIA

Calle Progreso, 38 988 470 077

Calle Progreso, 23 988 470 102

VERÍN

Rúa Lisa, 23 988 410 227

Plaza Mayor, 25 988 590 707

Laureano Peláez, 39 988 411 706

Luis Espada, 68 988 413 904

Avenida de Laza, 2 988 410 845

CELANOVA

Celso Emilio Ferreiro, 3 988 451 017

Plaza Mayor, 20 988 431 534

O BARCO DE VALDEORRAS

Marcelino Suárez, 19 988 325 105

Marcelino Suárez, 35 988 320 081

Conde de Fenosa, 42 988 320 375

Elena Quiroga, 6 988 326 188

A RÚA

Progreso 8-10 988 312 340

Doctor Vila, 15 988 310 656

XINZO DE LIMIA

Avda. Madrid, 2 988 462 368

Dous de Maio, 2 988 462 388

Avda. Madrid, 11 988 462 376