odo vale para tentar achegar ao concello de turno aos visitantes por aquilo de que se incida na dinamización económica do municipio. Neste ámbito de actuacións en materia de turismo agroman vizosas mil e unha rotas de sendeirismo que tentan ofertar aos visitantes percorridos engaiolantes polos espazos naturais da provincia de Ourense. E de certo que o son. Calquera que percorra os sendeiros da provincia atoparase con paisaxes, lugares e manifestacións patrimoniais inesquencibles: das corgas do Xurés aos restos da glaciación e das ferreirías de Chandrexa aos socalcos de vides de Leiro ou Cabanelas.
A cousa é moito máis complexa que limpar uns carreiros e colocar dous carteis. As rotas de sendeirismo precisan cumprir unhas condicións nada fáciles para estaren homologadas oficialmente ou, en rango menor, para ser recoñecidas como tales. E aí está a orixe dos problemas que presentan moitos dos trazados da provincia de Ourense, que é aparentemente sinxelo beneficiarse dun obradoiro de emprego, unha axuda da consellería ou ministerio de turno, e crear unha marabillosa rota de sendeirismo. Mais non é doado o mantemento: limpar para que non se cubran os sendeiros e sinalizacións, repoñer elementos deteriorados, reparar ou exixir que se faga -no caso dos particulares- os valados que caen aos camiños... e todo iso é moito tempo, esforzo e diñeiro. E iso non dá votos.
T