Vigo foi sempre un lugar acumulado de engados para propios e forasteiros, un espazo vital obrigado para os desexosos de completar unha visión da cidade e da franxa atlántica. O longo dos espaciosos paseos, as moitas costas e chanzos pétreos, os camiñantes doutrora e de tempos aínda recentes, con certeza teñen na súa retina a un retratista, pequeno de corpo, grande de corazón, coa máquina fotográfica ao ombreiro, discreto entre as xentes á procura de situacións que no seu día foran novas que ían aparecendo impresas cando arrancou a prensa ilustrada, primeiro en «Vida Gallega» e máis tarde nas páxinas do rotativo vigués. Imaxes atesoradas, momentos estelares da vida política, cultura e social que nos permiten ollar os tempos da República, espionaxes fotográficos por terra e aire da contienda civil, da época do Franquismo e mesmo cando gobernaron Suárez, Felipe, Aznar e mesmo Zapatero.
Ánxel Llanos, fixo do obxectivo a súa profesión, entregado a mesma ao longo de toda unha vida, sendo e o seu soño, deixar o arquivo na cidade que percorreu a pe, máis os políticos fixéronlle unha putada e de paso tamén un desprezo a cidade da oliveira.
Aquelas insitucións que presumen da sensibilidade e respeto co pasado histórico, son as primeiras en deixar marchar un patrimonio valiosísimo, tanto pola referencia documental como artística. Si, señor. O arquivo de Llanos xunto ca herdanza de seu pai e avó, un referente de tres xeracións do mundo da fotografía dende 1885, foi a parar fora do seu territorio. O casco histórico de Ribadavia acollerao, despois de merca-lo o anterior governo da Xunta de Galicia porque o Concello de Vigo non atinxiu un acordo.Son ben certas as verbas do reporteiro gráfico: «Ya no hay respeto y Vigo es una ciudad en la que predomina la mala educación. La falta de cariño». Tiveron que ser do Ribeiro os que se deron conta do valor do tesouro fotográfico. Miles de imaxes da cidade desde finais do século XIX, incluidas cámaras, clichés e cubetas procedentes do laboratorio da rúa Gregorio Fernández foron a parar o Museo Etnolóxico de Ribadavia, ata onde terán que deslocarse os vigueses para coñecer o seu pasado. Unha vergoña.