O Simeón converteuse onte nesa pequena caixa onde se garda a memoria dun proxecto creado coas ilusións e os desexos de toda unha provincia e que, cos seus mellores e piores momentos, é hoxe unha realidade que xunta a tres centos de empresas. Dúas mostras, tan distintas como complementarias, gardan a historia do polígono. Na primeira as imaxes en branco e negro lévanos a un tempo de pioneiros no que en San Cibrao pouco máis había que uns terreos a monte no que foron medrando naves e achegándose traballadores que dinamizaron o polígono e, a un tempo, a economía ourensana. Da presenza dos dirixentes de Caixa Ourense ao compromiso dos pioneiros, con firmas como Barreiros Ourense, ou ao recoñecemento das visitas institucionais -dos xerarcas da época franquista a Coren á dos entón principes a Barreiros Ourense-. Ou as de citas como as carreiras de coches disputadas no entorno.
Outra colección, en este caso a de arte que gardan a colección de empresas, permite facer un percorrido alternativo pola historia da arte. Orixinais de artistas xa desaparecidos -como Prego de Oliver ou Quessada- comparten a sala do Simeón con obras de Alexandro, Ramón Conde, Vidal Souto, Outomuro ou Chema Dapena, entre outros.