«O Esquecemento ten un programa moi completo»

C. Paradela

OURENSE

Os organizadores da Festa do Esquecemento, teñen xa practicamente cubertas todas as prazas de acampada

18 ago 2009 . Actualizado a las 16:13 h.

A asociación Civitas Limicorum ten xa totalmente pechada a programación da Festa do Esquecemento, que este ano será do 21 ao 23 de agosto con importantes novidades. A súa presidenta, Silvia Dopazo, anima a participar na celebración en A Limia que congregará a miles de personas dada a súa popularidade e repercusión turística.

­-Leva tres anos á fronte da organización da Festa do Esquecemento ¿É máis doada esta responsabilidade co paso do tempo ou é peor?

­-É moitísimo máis fácil despois de tres anos. A experiencia axuda. Este ano ademais temos un grupo de traballo, no que todos axudan moito é todo mellor e máis doado. Esta é unha edición moi relaxada á hora de facer a programación, este ano o Esquecemento ten ademais un programa moi completo, cultural e de festa. Hai cultura, hai teatro, música... hai un pouquiño de todo.

-A expectación mantense cos anos e dende dez días antes da cita xa teñen cubertas as prazas de acampada no Toural.

­-Está completamente pechado, non hai sitio no campamento e temos uns 300 invitados que veñen de toda España que hai que mandar a Verín e a Allariz por que en Xinzo xa non hai sitio donde metelos nesas datas.

-Hai novidades importantes no programa como a celebración de talleres de cociña. ¿Como decídese apostar por esta opción?

-Pensamos en facer algo relacionado coa cociña e en vez de verlo en papel contactamos en Vigo cun grupo de Pamplona e apostamos por incluir unha actividade que se chama «Comer e beber ó estilo romano», que consistirá en facer talleres de degustación, no campamento para que os visitantes poidan ver como se fan os alimentos pero tamén despois poder probalos.

-¿Hai outras cousas novas na Festa do Esquecemento 2009 para atraer ós visistantes?

-Si, teremos actuando por primeira vez en directo ó grupo Alambique que dará un concerto folk o venres pola noite no Toural, donde está o campamento.

-¿Que diferencia á Festa do Esquecemento doutras convocatorias festivas da provincia de carácter histórico?

-Hai outras festas históricas coma é a da Istoria de Ribadavia pero a mín non me gusta que se nos compare con ninguén. Penso que cada unha das festas que se celebran en Ourense ten unha identidade propia e despois en canto a diferencias está, sobre todo, a época elexida en cada unha de elas. A Festa do Esquecemento é a única festa romana que hai en Ourense, hai outras de tema castrexo coma o Folión Castrexo de Celanova pero romana a única é a Festa do Esquecemento en Xinzo de Limia.

-¿Contan con respaldo financieiro suficiente para poder afrontar a organización de todo o programa festivo o piden máis esforzo?

-Non, non contamos co respaldo económico suficiente e sempre queremos conquerir un pouquiño máis, claro. Pero é que este ano só temos apoio da Diputación Provincial de Ourense e pouquiña cousa máis. Creo, de verdade, que non temos o respaldo económico suficiente para poder facer máis cousas. A pesar de todo non descartamos aínda que dende a Xunta de Galicia váiasenos a axudar co programa previsto.