«Me atraía desde que lo vi por primera vez y lo descubrí realmente a través del objetivo» confesa antes de continuar descubrindo a súa vontade ao admitir que «trataba de estar lo más cerca posible, siempre entre los Homes do Sedeño, que gracias a que conocía a algunos me dejaron estar con ellos para hacer mi trabajo». Aí vén o boi, foi preseleccionada para participar no próximo Festival de Cine de Ourense, ademais de esperar resposta doutros certames como Documenta Madrid ou Secuencia Cero de Vigo.
O común da imaxe dixital
A organización Xan de Arzúa, encargada de xestionar todas as actividades centrais e paralelas da celebración, foi consciente dende o inicio do incontable banco de fotos anónimas que cada ano se facían gracias a cada vez mais accesible incorporación da imaxe dixital e o seu tratamento na sociedade. Un feito sociolóxico que souberon aproveitar ao crear o Fotoboi, un certame gráfico -altruísta e deportivo- que unicamente busca a recompilación das imaxes nun catálogo anual coas mellores fotos, aportando un legado material que axudará a perpetuar os recordos da festa.