A Marcha Mundial das Mulleres loita por unha sociedade antipatriarcal e anticapitalista
29 nov 2008 . Actualizado a las 02:00 h.A muller ten estes días un gran protagonismo con motivo da celebración do Día Mundial contra a violencia de xénero. Un dos colectivos máis concienciados coas problemáticas da muller é a Marcha Internacional das Mulleres. En Ourense, Eva Salgado, é un dos seus membros.
-Na vosa a coordinadora non existen cargos.
-Somos un movemento social de carácter internacional que a súa organización se basea nun comité internacional, coordinadoras rexionais (os cinco continentes) nacionais e locais. En Galiza se constituíu no 2002 unha nacional e en cada una das grandes cidades temos locais. Non temos cargos de ningún tipo, todas as mulleres ten a mesma valía e estamos por igual. .
-¿Cal é o traballo da coordinadora ao ano?
-A rede internacional reúne a máis de 300 países. 150 coordinadoras de carácter internacional reúnense bianualmente, o último foi en Vigo, o primeiro en Europa. Nestes encontros aprobanse accións estratéxicas para catro anos. En Galiza reunimonos unha vez ao mes representantes de todas as coordinadora locais e decidimos accións a desenrolar. Ademais de facer actividades en datas conmemorativas, reunimonos todo o ano e tratamos de dar resposta ás cuestións que acontecen en nosas cidades e en nosas localidades. Moitas veces non podemos dar resposta inmediata ao non ter unha estrutura formal.
-En Ourense, ¿qué propostas tedes?
-A situación de Ourense con respecto a muller é un pouco similar a do resto das cidades galegas. En Galiza existe unha pobreza soterrada,relativa. É unha situación económica de subsistencia. Se isto afecta ao conxunto da sociedade galega, En tempo de crise afecta máis ás mulleres, porque quen paga o prato nunha situación de crise vai a ser sempre a muller.
-¿Por qué?
-Ante unha situación de pobreza nun fogar, a muller vai a ser máis pobre e dependente, a que mais a sufre, porque os salarios son máis raletizados, hai menos emprego para mulleres, os soldos son menores, acceden a menores postos de poder e teñen maiores cotas de traballo somerxido. A todo isto se lle suma o traballo do fogar, das cargas familiares, de persoas dependentes ou da descendencia.
-Sodes, ademais de una asociación antipatriarcal, anticapitalista.
-Pensamos que o sistema económico non beneficia a humanidade senón únicamente a uns poucos. Non hai unha distribución igualitaria.
-¿Cómo se pode unir a vosa coordinadora?
-A través de www.feminismo.info ou no correo marchagaliza@gmail.com.