28 sep 2008 . Actualizado a las 02:00 h.
Menos lobos é unha peza de Talía Teatro realizada e dirixida por Artur Trillo, que ofrece, cun ritmo trepidante, un retrato das relacións infantís, dos seus xogos, enfados e conflitos. Os actores interpretan a nenos de sete anos xogando e representando un conto sobre lobos. Esta montaxe ten por finalidade ensinar ao espectador as posibilidades teatrais que lle ofrece o seu contorno. 12.30 horas. Teatro Escena (SGAE). 5 euros.