O bipartito acaba de presentar uns orzamentos de 97 millóns de euros con retraso e despois de moitas discusións: -Incluso se dixo que o PSOE saía gañando porque xestiona máis diñeiro que o BNG. Me parece unha visión errónea. Se trata de que o diñeiro público sirva ós cidadáns e non ó PSOE ou ó BNG. Nós fixemos un esforzo por pechalos a tempo. Non entendo a demora. -Foron criticados polo PP e polo interventor municipal. -Algúns dos reparos do interventor, que é un bo profesional, son reiterados doutros exercicios. Estaban mal co PP e están mal connosco. Non tivemos tempo para solucionalos. Hai que facerlle caso ó técnico pero hai que marcar uns prazos. -Os seis millóns que se queren recadar por cesións urbanísticas, ¿non será un artificio contable? -Confío na seriedade da concelleira de Urbanismo e na do de Facenda. O PXOM do PP hai que xestionalo. As herdanzas se reciben para ben e para mal. -Pero non convence ó PSOE de que retire o recurso que ten contra o PXOM no TSXG. -Non entendo nin comparto esa posición. É un plan que nos permite xestionar seis millóns de euros para obras para os veciños. -¿Fai falta máis persoal? -É un problema serio ó que hai que meter man. Herdamos unha mala situación, con traballadores mal distribuídos, arbitrariamente pagados, con contratacións clientelares... Hai que arranxalo a tres anos vista. -¿Xardín das Burgas é o gran na xestión termal? -Non é un gran. É o penedo de Pena Trevinca. En seis meses ou chegamos a un acordo, ou expropiamos ou deixamos a parcela aillada.